💙 Álex Meira: unha historia de vida, superación e gratitude

Hoxe queremos compartir a magnífica reportaxe publicada por PontevedraViva sobre o noso compañeiro Álex Meira, deportista trasplantado de corazón e integrante de DETRADI GALICIA.

A súa historia comezou cunha parada cardiorrespiratoria aos 14 anos. Anos máis tarde, en 2018, unha doazón de órganos permitiulle recibir un transplante de corazón e comezar unha nova vida.

Desde entón, Álex converteu o ciclismo nunha ferramenta de recuperación, superación e sensibilización. Campión europeo, subcampión mundial e referente do deporte para persoas trasplantadas, ten moi claro cal é o seu maior logro:

🗣️ «O meu maior éxito foi sobrevivir a unha parada cardiorrespiratoria aos 14 anos».

Por riba das medallas, Álex representa a forza de quen loita por vivir, a importancia da actividade física despois dun transplante e a necesidade de dar visibilidade ás persoas trasplantadas e ás que aínda agardan por un órgano.

Desde DETRADI GALICIA sentímonos profundamente orgullosos de acompañalo neste camiño e de formar parte desa gran familia que atopa no deporte un espazo de apoio, amizade e esperanza.

Grazas, Álex, pola túa valentía, pola túa xenerosidade e por lembrar sempre que detrás de cada transplante existe unha persoa doante e unha familia que, no medio da dor, decidiu regalar vida.

O noso agradecemento a PontevedraViva e aos autores da reportaxe por contribuír a difundir unha historia que merece ser coñecida.

📖 Le a reportaxe completa: 👉🏼 AQUÍ

#SomosDetradi

#DonarSalvaVidas

#EncePlanSocialPontevedra #ADOS