Hoxe, no Día Nacional do Transplante, desde DETRADI GALICIA sumámonos ao recoñecemento de todas as persoas e profesionais que fan posible a doazón e o transplante.

Sen esquecer nunca ás persoas doantes e ás súas familias, protagonistas dun xesto inmenso de solidariedade fan posible unha segunda oportunidade para moitas persoas.

Ao longo desta xornada participamos activamente en varios actos e en medios de comunicación escritos e audiovisuais para seguir divulgando a importancia da doazón e do transplante.

Deixámosvos tamén a intervención do noso socio Tomé, transplantado de corazón, no programa da TVG Quen Anda Aí?

Ligazón: https://youtu.be/deuT3IO8zS8

#SomosDetradi

#DoarSalvaVidas

#EncePlanSocialPontevedra

#ADOS